Alumni
Unha asociación de Alumni é unha organización de graduados ou antigos alumnos. Estas asociacións organizan eventos sociais, publican gacetas ou revistas e recadan fondos para a organización. Moitas proporcionan beneficios e servizos que axudan os Alumni a manter o contacto tanto cá institución educativa coma cos seus compañeiros. Adicionalmente tamén apoian ós novos Alumni proporcionándolles un foro no que establecer novas amizades e relacións profesionais con persoas de formación similar.
As asociacións de Alumni están formadas sobre a relación entre estudantes na Universidade e os seus distintos departamentos pero poden organizarse de acordo a calquera outro criterio. Hoxe en día ditas asociacións inclúen graduados de tódolos grupos de idade con cantidades moi variables de graduados.
Asociación de Antigos Alumnos da Universidade de Vigo (AAAUVigo):
www.aauvigo.org
aauvigo@yahoo.es
Asociación de Oceanógrafos de Galicia (AOG):
www.oceanografosgalicia.org