SISTEMA DE RADAR DE ALTA FRECUENCIA ADQUIRIDO POLA UNIVERSIDADE DE VIGO
08-11-2010
Imaxe recente da corrente superficial do terzo exterior da Ría de Vigo, proveniente do sistema de radar de alta frecuencia adquirido pola Universidade de Vigo e situado no Faro Punta Subrido (grazas á colaboración de Portos do Estado) e na ECIMAT (Estación de Ciencias Mariñas de Toralla). Este sistema radar proporciona datos e imaxes cada 30 minutos cunha resolución espacial aproximada de 375 m. Atópase actualmente en proceso de calibración e validación xestionado polo Grupo de Oceanografía Física desta Universidade e co apoio de Qualitas Instruments.
Os datos pódense consultar en: